Proxecto IndusSym Coruña

IndusSym Coruña é un proxecto promovido por Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) e cofinanciado pola Deputación da Coruña cuxo principal obxectivo é fomentar a simbiose industrial na provincia da Coruña, mediante a identificación de oportunidades e deseño de estratexias de intercambio de recursos entre empresas situadas nunha mesma área industrial.

A través desta iniciativa, preténdese impulsar un modelo de economía circular baseado na simbiose industrial que contribúa a minimizar a xeración de residuos, optimizar o uso dos recursos e xerar beneficios ambientais, económicos e sociais.

A presidenta de Viratec, Josefa de León, e o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET), José Fernández, firmaron o 6 de agosto de 2025 un acordo de colaboración, no marco deste proxecto, para fomentar a simbiose industrial na Área Empresarial e Industrial da Asociación

SHARE