Atlantic Green Hub

Atlantic Green Hub é unha das primeira accións conxuntas derivadas do convenio de colaboración, asinado pola presidenta de Viratec (Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular), Josefa de León, e o presidente de Aclima (Basque Environment Clúster), Xabier Caño, o 12 de setembro de 2025. Baixo o lema “Empowering clean and competitive industry”, o Atlantic Green Hub está dirixido á institucións e organizacións de todos os sectores produtivos que buscan avanzar cara a modelos de xestión máis sostibles, circulares e competitivos. A primeira edición celebrarase os días 23 e 24 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Configúrase como un espazo estratéxico para xerar oportunidades de negocio, poñer en valor soluciones ambientais e impulsar a innovación ambiental como eixo central da estratexia empresarial.

O Atlantic Green Hub contará cunha zona feiral de solucións ambientais, relatorios inspiradores, mesas redondas con axentes referentes do sector, zona de networking, side events e un espazo dedicado a startups, fomentando así a conexión entre empresas ambientais líderes e empresas e institucións con retos ambientais.

Esta iniciativa está financiada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Xunta de Galicia.

SHARE