O pasado 29 de novembro tivo lugar a xornada ‘Emprendendo en Circular’, no Green Coworking das Pontes, onde a industria galega se reuniu para abordar a circularidade no sector ambiental. A partir deste evento, o clúster Viratec continuará coa iniciativa de divulgación sobre a circularidade mediante a redacción do libro ‘Boas Prácticas en Economía Circular”.
Este libro ten como obxectivo recompilar e destacar as mellores prácticas e proxectos innovadores no ámbito da economía circular As propostas poden incluír proxectos de reciclaxe, reutilización de materiais, redución de residuos, entre outros. Ademais, as prácticas destacadas servirán como inspiración para outras empresas e contribuirán á creación dunha contorna máis sostible en Galicia.
Esta iniciativa conta coa colaboración da consultora Permae, que ofrecerá orientación sobre como presentar as propostas.
Actividad financiada por la Deputación da Coruña.