COÑECE VIRATEC

Viratec é unha asociación sectorial que acolle a entidades de múltiples áreas que teñen como obxectivo común o impulso da sustentabilidade ambiental e a economía circular.

Viratec nace coa misión de contribuír á xeración de valor no territorio fomentando a innovación, a capacidade tecnolóxica e a competitividade das empresas, actuando como motor de transformación para o benestar social, ambiental e o progreso económico.

Fomenta un ecosistema de cooperación entre empresas, xerando sinerxías entre distintas áreas de coñecemento, promovendo a I+D+i, mellorando a formación e creando oportunidades de internacionalización, e fomentando a colaboración público-privada para contribuír ao desenvolvemento sostible da sociedade galega e a preservación do seu medioambiente, baixo os principios da economía circular.

A visión de Viratec é ser un referente no desenvolvemento e implementación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais a nivel local, nacional e internacional.

OBXECTIVOS

Que son as solucións ambientais?
Entendemos por solucións ambientais o conxunto de accións dirixidas a xestionar de forma sostible, protexer e conservar os recursos naturais, de maneira que se proporcionen beneficios para a biodiversidade e os ecosistemas e se axude a mellorar a calidade de vida das sociedades actuais e futuras. A industria das solucións ambientais é un dos axentes craves no desenvolvemento sostible.

Que é a economía circular?
A economía circular ofrece unha alternativa ao actual modelo de produción, baseado nunha cadea de valor lineal que xera residuos en todas as etapas, desde a extracción de materias primas ata a xeración de residuos, pasando polas fases de fabricación, distribución e consumo. A alternativa consiste en prolongar a vida económica útil dos materiais e os recursos tanto como sexa posible, reducindo ao mínimo a xeración de residuos.

Fonte: Fundación COTEC