Viratec é beneficiaria das Axudas ás agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, financiadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), orientadas a apoiar plans de actuación que reforcen a innovación, a cooperación empresarial e a competitividade sostible en Galicia.
A axuda concedida corresponde ao expediente IG410A-2025-000-000015 (convocatoria 2025) e permite a execución dun plan de actividades ao longo de máis de ano e medio, orientado a consolidar e ampliar o impacto das actuacións do clúster.
Actuacións en desenvolvemento
No marco desta axuda, Viratec está a desenvolver actuacións de dinamización e fortalecemento do clúster, orientadas a mellorar a coordinación e colaboración entre as entidades socias e a impulsar diversas iniciativas. Entre outras, inclúense actividades de traballo colaborativo e encontros sectoriais, así como accións de análise, formación e difusión, e actividades de vixilancia e seguimento relevantes para o sector.
Desde Viratec agradecemos ao Igape (Xunta de Galicia) este apoio, que contribúe a consolidar o ecosistema galego de solucións ambientais e economía circular.