Viratec, en colaboración con Bioga e Clusaga, organiza un ciclo de obradoiros de hibridación intersectorial co obxectivo de xerar novas oportunidades de negocio e promover proxectos interclúster.
A iniciativa busca fomentar a colaboración entre os ámbitos das solucións ambientais e a economía circular, a alimentación e a biotecnoloxía, impulsando a hibridación intersectorial como ferramenta para mellorar a competitividade empresarial e reforzar as cadeas de valor galegas.
O programa desenvolverase a través de catro sesións:
- 19 de febreiro (10:00–11:00 h) | Sesión de lanzamento (online)
Presentarase en detalle a metodoloxía e o desenvolvemento dos obradoiros e recollerase información para orientar e adaptar as seguintes sesións aos intereses e capacidades das persoas asistentes.
- 16 de marzo (10:00–14:00 h) | Primeira sesión presencial (FEUGA, Santiago de Compostela)
Abordaranse distintas tecnoloxías do ámbito biotech e analizaranse conxuntamente posibles aplicacións para cada unha das empresas asistentes. A xornada incluirá dinámicas grupais orientadas a identificar e concretar oportunidades de colaboración.
- 14 de abril (10:00–14:00 h) | Segunda sesión presencial (FEUGA, Santiago de Compostela)
Afondarase en novas oportunidades tecnolóxicas vinculadas á sostibilidade, co obxectivo de definir posibles aplicacións para a industria alimentaria e continuar avanzando no deseño de proxectos colaborativos.
- 22 de maio | Evento final (Santiago de Compostela)
Presentaranse os proxectos e oportunidades detectados durante as sesións anteriores e traballarase na definición dos seguintes pasos para o seu desenvolvemento.
Estes obradoiros representan unha oportunidade estratéxica para explorar sinerxías reais entre sectores, activar novas liñas de colaboración e avanzar cara a modelos de innovación máis conectados e competitivos.
Procedemento: IG300H – Obradoiros multidisciplinarios de dixitalización, innovación, sostibilidade e loxística avanzada do Igape
Nº expediente: IG300H-2025-000-000067