Viratec organiza un obradoiro centrado no sector da la co obxectivo de xerar un espazo estruturado de reflexión e traballo conxunto entre as persoas asistentes. A iniciativa pretende facilitar unha análise compartida do posicionamento actual do sector, anticipar os principais cambios normativos e estratéxicos a nivel europeo e avanzar cara á definición de proxectos de innovación cunha base técnica, regulamentaria e de mercado sólida.
Ao longo das sesións abordaranse, de maneira práctica, ferramentas de análise e planificación orientadas a facilitar a toma de decisións estratéxicas, a optimización de recursos e a identificación de oportunidades reais de desenvolvemento.
Así mesmo, prestarase especial atención ás tendencias regulamentarias e legais emerxentes en materia de sostibilidade, certificación, rastrexabilidade e ecodeseño, co fin de anticipar o seu impacto en produtos, procesos e mercados.
O obradoiro estrutúrase en catro sesións complementarias:
- 10 de marzo | Sesión presencial (Biopolo A Sionlla, Santiago de Compostela)
Diagnóstico estratéxico sectorial e análise das prioridades europeas.
- 11 de marzo | Sesión presencial (Biopolo A Sionlla, Santiago de Compostela)
Enfoque problema-solución: calidades de la, procesos produtivos, certificacións e marco normativo emerxente.
- 24 de marzo | Sesión presencial (Hotel Monumento San Francisco, Santiago de Compostela)
Identificación e deseño de proxectos e pilotos con potencial de financiamento.
- 28 de abril | Sesión online
Webinar final aberto orientado á presentación de resultados e definición de próximos pasos.
Procedemento: IG300H – Obradoiros multidisciplinarios de dixitalización, innovación, sostibilidade e loxística avanzada do Igape
Nº expediente: IG300H-2025-000-000080