Viratec celebrará o vindeiro martes 10 de marzo ás 10 horas unha nova sesión do seu ciclo Conversas de 10, que nesta ocasión levará por título “Estratexias de sostibilidade no mundo da la”.
A xornada terá lugar no Biopolo A Sionlla (Santiago de Compostela) e reunirá a profesionais do ámbito empresarial e institucional para analizar os principais retos e oportunidades que afronta o sector téxtil no contexto da transición cara a modelos máis circulares.
A través dunha entrevista con David Allo, responsable de Sostibilidade de Texfor, abordaranse distintos aspectos relacionados coa evolución do sector e o papel que pode desempeñar a la dentro da cadea de valor téxtil. Neste sentido, o encontro permitirá analizar as novidades regulamentarias derivadas do marco da EU Textile Strategy, os cambios de paradigma que está a experimentar a industria téxtil, así como casos prácticos industriais en España vinculados ao uso e valorización da la.
O ciclo Conversas de 10, impulsado por Viratec, busca xerar espazos de diálogo entre empresas, centros de coñecemento e administración para compartir experiencias, identificar oportunidades de colaboración e promover solucións innovadoras no ámbito ambiental e da economía circular.
PROGRAMA
9:50 – 10:00 h.- Recepción de asistentes
10:00 – 11:00 h.- Entrevista a David Allo, responsable de Sostibilidade de Texfor
11:00 – 11:30 h.- Café networking
Inscricións ao evento (presencial e en liña) a través deste formulario