Viratec organiza, en colaboración coa Asociación de Empresarios SEARA, unha xornada que busca promover a economía circular e a sostibilidade en Galicia, da man de persoas expertas e emprendedoras, que compartirán as súas experiencias e abordarán as oportunidades e desafíos da circularidade. .
O encontro enmárcase dentro do proxecto ‘Emprendendo en Circular’ e terá lugar o vindeiro venres 29 de novembro, de 10:00 h. ás 12:45 h., no Green Coworking de As Pontes (A Coruña).
Ademais, haberá un espazo B2B dedicado a facilitar colaboracións entre as entidades asociadas de Viratec e as empresas locais de As Pontes, asociadas de SEARA. Poñeranse en valor proxectos de economía circular que poidan xerar sinerxías significativas.
Programa
10:00 – 10:15 h.- Apertura institucional
- Ramón Blanco, membro Xunta Directiva de Viratec
- Valentín González, presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes
- José Castro, presidente da Asociación de Empresarios SEARA
10:15- 10:35 h.- Mesa Economía Circular de Residuos
- Pablo García-Bodaño, CEO de Wim Studio e Material Innovation Hub
- Rubén Cereijo, director de Enxeñería en Intacta Gestión Ambiental
- María Luz Jorge, coordinadora Proxecto Téxtil Cáritas
- Moderador: Rodrigo López, CEO de Permae
10:35 – 10:55 h.- Mesa Economía Circular de Augas
- Óscar Rodríguez, conselleiro delegado de Espina & Delfín
- Luis Felipe, director técnico de Ecolagunas
- Emilio José Álvarez, director técnico en Grupo Canalis
- Moderador: Rodrigo López, CEO de Permae
10:55 – 11:40 h.- Café-Networking
11:40-12:20 h.- Mesa de Descarbonización
- Máximo Sánchez, CEO de AirCO2
- José Antonio Menéndez, responsable de Relacións Institucionais de Endesa
- Lucía Camino Vázquez, directora executiva de CETIM
- Moderador: Rodrigo López, CEO de Permae
12:20-12:30 h.- Conclusións
12:30 – 12:45 h.- Peche
- Ana Botas, xerente de Viratec
- Carolina García, directora de Asociación de Empresarios SEARA
12:45 – 13:30 h.- Espazo B2B
Para asistir a esta xornada é imprescindible inscribirse aquí.