O Despacho de Abogados Caruncho & Tomé, en colaboración con Viratec, realizou hoxe un webinar de ‘Prevención Penal na Empresa’ co fin de axudar ás entidades asociadas ao Clúster a implementar os modelos de organización e xestións segundo a normativa.
Tras as sucesivas reformas do Código Penal nos últimos anos, xa non só poden ser imputadas/investigadas penalmente as persoas físicas, senón tamén, as persoas xurídicas. As empresas, para evitar as súas responsabilidades, teñen a opción de implantar modelos de prevención penal e con iso nace a Norma UNE 19601/2017 ‘Sistemas de xestión de compliance penal’.
A formación estivo dirixida por Carlos Tomé e por Cristina Martínez-Casanueva. Tomé centrouse en dous puntos: como evitar a responsabilidade penal da Empresa e cando é responsable penalmente unha empresa. Mentres que Martínez-Casanueva explicou a importancia de ter un Plan de Prevención Penal e os requisitos a ter en conta para elaboralo.
Esta conferencia axudou a empresas e profesionais a relacionar o marco xurídico da responsabilidade penal das persoas xurídicas, os requisitos que establece o Código penal para implementar os modelos de organización e xestión nas empresas, e o estándar nacional UNE 19601 sobre Sistemas de Xestión de Compliance Penal.