As empresas Aresa, Coleo, Himikode, JJ Chicolino, Syspro e Wim Studio son as últimas incorporacións á Agrupación industrial Galega de Solucións Ambientais e Economía Circular, pertencentes a sectores de actividade como os fertilizantes agrícolas e gandeiros; o tratamento, reciclado e prevención de residuos; a tecnoloxía de impacto, e a prevención e reutilización de residuos, entre outros.
Así mesmo, adheriuse a Fundación de Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia (FIA) vinculada ao Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, e a Asociación Galega de Tratamento de Vehículos (TRAVEGA), que agrupa a maioría das empresas de descontaminación e despezamento de vehículos fóra de uso en Galicia.
Deste xeito, Viratec conforma un ecosistema de 77 asociados, entre empresas, centros tecnolóxicos e universidades, unidos polo reto común de desenvolver o sector ambiental da comunidade galega e con iso a competitividade da súa economía.