Viratec prepara o seu libro ‘Boas Prácticas en Economía Circular’

O pasado 29 de novembro tivo lugar a xornada ‘Emprendendo en Circular’, no Green Coworking das Pontes, onde a industria galega se reuniu para abordar a circularidade no sector ambiental.

A partir deste evento, o clúster Viratec continuará coa iniciativa de divulgación sobre a circularidade mediante a redacción do libro ‘Boas Prácticas en Economía Circular”.

Este libro ten como obxectivo recompilar e destacar as mellores prácticas e proxectos innovadores no ámbito da economía circular. Para iso, animamos ás entidades interesadas a enviar as súas propostas antes do venres 7 de marzo a través deste formulario.

Esta é unha oportunidade para compartir as súas iniciativas máis destacadas e demostrar o seu compromiso coa sostiblidade. As propostas poden incluír proxectos de reciclaxe, reutilización de materiais, redución de residuos, entre outros. Ademais, as prácticas destacadas servirán como inspiración para outras empresas e contribuirán á creación dunha contorna máis sostible en Galicia.

Esta iniciativa conta coa colaboración da consultora Permae, que ofrecerá orientación sobre como presentar as propostas e destacará os beneficios de participar nesta iniciativa.

Xuntos, podemos construír un futuro máis sostible e circular.

COMPARTIR