Viratec participará na feria internacional Ecomondo

Viratec participará na feira internacional sobre economía circular Ecomondo, que se celebrará en Rímini (Italia) do 7 ao 10 de novembro. Trátase dun evento de referencia en Europa e a conca mediterránea dedicado ás tecnoloxías, os servizos e as solucións industriais no sector da economía verde e circular.

Viratec participará na feira internacional sobre economía circular Ecomondo, que se celebrará en Rímini (Italia) do 7 ao 10 de novembro. Trátase dun evento de referencia en Europa e a conca mediterránea dedicado ás tecnoloxías, os servizos e as solucións industriais no sector da economía verde e circular.

Representantes de Viratec acudirán á feira co fin de establecer sinerxías e posibles colaboracións coas entidades asociadas ao clúster, para promover así a implementación de solucións ambientais e fomentar a economía circular no tecido empresarial galego. Para iso, Viratec ponse a disposición dos seus asociados para establecer contacto cos expositores do seu interese que participen no evento. Aquí se pode consultar o catálogo de expositores en Ecomondo.

A feira internacional Ecomondo é un hub de investigación e innovación que acolle ás principais empresas de servizos, solucións e tecnoloxías ambientais, que abarcan a xestión da auga, a eliminación de residuos, os téxtiles, a bioenerxía, a xestión e protección do chan, o transporte, a agricultura e as cidades sostibles. É a única plataforma en Europa que ofrece un amplo programa de conferencias, talleres e seminarios destinados a presentar evidencias e novas tendencias relacionadas coa economía circular aplicada a diferentes sectores.

Nesta 26.ª edición, Ecomondo preséntase como un ecosistema de transición ecolóxica, confirmándose como un punto de encontro e diálogo entre industrias, partes interesadas, responsables políticos, líderes de opinión, autoridades locais, e sendo o lugar para sistematizar todos os elementos crave que definen as estratexias de desenvolvemento da política ambiental da Unión Europea. En 2022, a feira contou con preto de 80.000 persoas asistentes e 1.500 empresas.

Ecomondo 2023

 

COMPARTIR