A xerente do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Ana Botas Cal, foi a encargada de moderar a mesa redonda sobre o papel transformador da bioeconomía no congreso Galicia Biodays, o foro de referencia da industria biotecnolóxica e das ciencias da vida do Espazo Atlántico Europeo.
A mesa redonda, contou coa participación de Marilia Nuti, senior researcher and Brazilian delegate en OECD-WPSNFF and Codex Alimentarius; Cleber Oliveira Soares, secretario adxunto de Innovación, Desenvolvemento e Irrigación no Ministerio de Agricultura, Gandeiría e Abastecemento de Brasil; e Íñigo Ribas, technical advisor en biofuel production and waste valorization en Repsol.
Durante as intervencións moderadas pola xerente de Viratec, abordáronse aspectos relacionados coa innovación e lexislación en materia de bioeconomía e compartíronse experiencias sobre o emprego de recursos biolóxicos procedentes da terra e do mar, así coma de residuos convertidos en insumos, para a produción tanto de alimentos como industrial e incluso enerxética.