O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular organiza unha visita para os seus socios ás instalacións do Centro de Innovación en Tecnoloxías da Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña.
Na xornada, que terá lugar o 3 de febreiro, coñecerase a actividade que desenvolve este centro referencial na enxeñaría civil a nivel de investigación e transferencia tecnolóxica, cunha clara preocupación transversal polas temáticas relacionadas co medio ambiente e a economía circular. Dende os seus laboratorios de ensaios colabora coa práctica totalidade dos grandes operadores nacionais en construción e enxeñaría civil, así como as súas auxiliares e subcontratadas.
A visita está limitada a un máximo de 25 persoas. As prazas dispoñibles asignaranse por orde de inscrición, que xa pode formalizarse cumprimentando o seguinte formulario: https://forms.gle/KE4r71tMZYSG4r8o7
AXENDA:
9:50 Recepción e acreditación
10:00 Benvida institucional
10:15 Presentación do Centro de Innovación en Tecnoloxías da Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)
10:30 Como instrumentar a colaboración coa UDC? A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)
10:45 Visita guiada ao CITEEC
12:30 Hora estimada de finalización da visita
12:30 – 13:30 Café networking
13:30 Finalización da xornada
Localización do CITEEC: (Campus de Elviña – A Coruña)