Viratec, o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, celebrou esta mañá, no Nordés Club Empresarial da Coruña, unha xornada baixo o título ‘Sostibilidade Empresarial: da responsabilidade ao cumprimento’, enmarcada dentro do seu programa Conversa de 10.
O encontro comenzou cunha entrevista a Mayrata Conesa, xerente de Compliance e Bo Goberno en AENOR, da man de Luisa López, CEO de López Casanegra Comunicación. Nela abordáronse os inicios da compañía, o seu compromiso coa sostibilidade e os retos para as empresas en materia de compliance e bo goberno.

“Nós empezamos coas certificacións de compliance fai dez anos, consecuencia da reforma do Código penal e da atribución da responsabilidade penal ás persoas xurídicas”, explicou Conesa. Ademais, estas certificacións foron evolucionando, “sempre desde a óptica da defensa e da creación dun escudo protector para a propia organización, pero, ademais, estas certificacións achegaban unha cuestión nova para nós, que era a interlocución cos órganos de goberno, é dicir, a necesidade de que estes modelos de compliance partan do liderado máis alto nivel da organización”.
En canto á presión regulatoria actual, Mayrata Conesa considera que esta presión “contribuíu a entender que os órganos de goberno cada vez máis necesitan esa información e tamén coñecer de primeira man como vai impactar esa regulación que vén. É dicir, xa non é só cumprila, senón xa que previamente xestionar o que lle vai supoñer ese cumprimento”.
“Cando se fala de goberno corporativo, gobernanza, só cabe en empresas grandes. Cremos que non é exactamente así. Todas as empresas teñen que facer unha reflexión sobre as súas órganos de gobernanza”, destacou Conesa. Ademais, a motivación actual das empresas é “dotarse dun sistema útil para a propia organización que lle dá a seguridade de ter un sistema de control interno, que chega ata os membros de órgano de goberno, e que permite a toma de decisións enfocada a riscos. E ademais que empeza a ser cuestións valoradas por outros stakeholders”.
A continuación, tivo lugar unha mesa redonda, moderada tamén por Luisa López, na que participaron Eduardo Seisdedos, CEO de Cuatrotercios Sostenibilidad Estratégica; María García, CEO de Galaica Consultoría Integral, e Aglaia Gómez, consultora estratéxica en Eco Intelligent Growth.

María García explicou o impacto e vantaxes de ser unha empresa BCorp, mentres que Aglaia Gómez falou sobre a certificación voluntaria e modelo Cradle to Cradle. Pola súa banda, Eduardo Seisdedos comentou a importancia da debida dilixencia en sostibilidade corporativa no marco da CSRD.
Conversas de 10 é un proxecto do Clúster que busca favorecer o coñecemento e a divulgación sobre economía circular e solucións ambientais, co fin de impulsar a transición da economía cara á sustentabilidade, en e desde Galicia. Cada edición deste evento celébrase nunha localidade galega, para achegarse así ás diferentes entidades socias e ao sector ambiental da comunidade.
Esta xornada do Ciclo de Conversas de 10 está dispoñible na nosa canle de Youtube e pódese visualizar aquí.