Viratec organiza un obradoiro sobre o sector da la para avanzar en innovación e posicionamento estratéxico

Viratec organiza un obradoiro centrado no sector da la co obxectivo de xerar un espazo estruturado de reflexión e traballo conxunto entre as persoas asistentes. A iniciativa pretende facilitar unha análise compartida do posicionamento actual do sector, anticipar os principais cambios normativos e estratéxicos a nivel europeo e avanzar cara á definición de proxectos de innovación cunha base técnica, regulamentaria e de mercado sólida.

Ao longo das sesións abordaranse, de maneira práctica, ferramentas de análise e planificación orientadas a facilitar a toma de decisións estratéxicas, a optimización de recursos e a identificación de oportunidades reais de desenvolvemento.

Así mesmo, prestarase especial atención ás tendencias regulamentarias e legais emerxentes en materia de sostibilidade, certificación, rastrexabilidade e ecodeseño, co fin de anticipar o seu impacto en produtos, procesos e mercados.

O obradoiro estrutúrase en catro sesións complementarias:

  • 10 de marzo | Sesión presencial (Biopolo A Sionlla, Santiago de Compostela)

Diagnóstico estratéxico sectorial e análise das prioridades europeas.

  • 11 de marzo | Sesión presencial (Biopolo A Sionlla, Santiago de Compostela)

Enfoque problema-solución: calidades de la, procesos produtivos, certificacións e marco normativo emerxente.

  • 24 de marzo | Sesión presencial (Hotel Monumento San Francisco, Santiago de Compostela)

Identificación e deseño de proxectos e pilotos con potencial de financiamento.

  • 28 de abril | Sesión online

Webinar final aberto orientado á presentación de resultados e definición de próximos pasos.

Solicita máis información en viratec@viratec.gal

Esta iniciativa conta co apoio do Igape no marco do procedemento IG300H – Obradoiros multidisciplinarios de dixitalización, innovación, sostibilidade e loxística avanzada.

COMPARTIR