Viratec organiza obradoiros 4.0 abertos a empresas do sector agroalimentario e forestal/madeira

Xunto aos obradoiros exclusivos para asociados, o Clúster pon en marcha esta actividade aberta a empresas do sector agroalimentario e forestal/madeira, cunha metodoloxía práctica e titorías individualizadas.

Viratec organiza obradoiros 4.0 abertos a empresas do sector agroalimentario, forestal e madeira

Esta iniciativa forma parte das accións que o Clúster puxo en marcha co apoio do programa autonómico Obradoiros do Igape á Dixitalización Industria 4.0 co fin de impulsar no tecido empresarial galego as solucións dixitais innovadoras ao servizo do medio ambiente.

Así, ademais dos talleres exclusivos para asociados, Viratec celebrará obradoiros de dixitalización abertos a empresas do sector agroalimentario e forestal/madeira.

Os participantes coñecerán diversas solucións dixitais innovadoras ao servizo da ecoindustria e os sectores agroalimentario e forestal, optimizando así o binomio tecnoloxía e medio ambiente.

Mediante unha metodoloxía práctica e relatores especializados, levarán a cabo titorías individualizadas, aplicando itinerarios propios de dixitalización e solucións colaborativas.

A localización determinarase en función dos participantes e as sesións serán quincenais, comezando en marzo e finalizando en maio.

  • Sesión 0: Introdución.
  • Sesión 1: Plataformas de simbiose industrial baseadas na dixitalización para a xestión da auga e residuos.
  • Sesión 2: Plataformas de dixitalización integral na aplicación de enerxías renovables nas industrias alimentarias e forestais.
  • Sesión 3: Dixitalización orientada á adaptación de sectores estratéxicos galegos cara á descarbonización.
  • Sesión 4: Living Lab – Visita a unha industria sostible 4.0
  • Sesión Think Tank: Presentación de resultados, experiencias e retos para o futuro.

Consulta o programa aquí e inscríbeche nesta ligazón.

 

COMPARTIR