Viratec inicia o mapa de capacidades das entidades asociadas

Esta ferramenta axudará a identificar o coñecemento que aglutina o ecosistema do clúster, facilitando o impulso á colaboración, á innovación e ao desenvolvemento de proxectos conxuntos. 

O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular incorporou ao seu equipo de xestión un técnico de ciencias ambientais a través do Plan de Garantía Xuvenil da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O seu primeiro labor será poñer en marcha o acordo do Comité de Dinamización do clúster para a elaboración dun mapa de capacidades das entidades socias de Viratec, unha ferramenta que axudará a identificar o coñecemento que aglutinan ditas organizacións, facilitando así o impulso á colaboración, á innovación e ao desenvolvemento de proxectos conxuntos dirixidos a resolver os desafíos do sector ambiental no marco da economía circular.

COMPARTIR