Viratec impulsa a análise da capacidade de internacionalización dos seus asociados

O traballo contempla a elaboración dun estudo de detalle e individualizado que conteña a folla de ruta do plan de internacionalización da agrupación industrial, contando coas capacidades e experiencia dos asociados.

Internacionalización Viratec

O comité de Internacionalización do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular puxo en marcha o proceso de selección dun equipo de expertos para realizar a análise do potencial exportador e das empresas de Viratec interesadas en participar en procesos de internacionalización no marco das axudas «Galicia Exporta» e outras novas liñas de acompañamento. O traballo contempla a elaboración dun estudo de detalle e individualizado que conteña a folla de ruta do plan de internacionalización da agrupación industrial, contando coas capacidades e experiencia dos asociados -estes poden contactar coa xerencia de Viratec para ofrecer os seus servizos-, así como coas necesidades do mercado exterior de apoio en solucións ambientais e circularidade.

COMPARTIR