Viratec e o Club de Excelencia en Sostenibilidad organizan a formación “Perfeccionamento de Reporting Corporativo de Información Non Financeira ou de Sostibilidade”, que busca afondar nos coñecementos necesarios para elaborar e difundir os Informes do Estado da Información Non Financeira ou de Sostibilidade, de acordo coa lei e os intereses das organizacións.
Nesta formación coñeceranse as mellores prácticas en materia de Reporting Corporativo de Información Non Financeira ou de Sostibilidade, para dar cumprimento tanto aos requisitos da Lei 11/2018 como aos das principais normativas internacionais nesta materia; impulsarase a reflexión sobre o desenvolvemento e implantación de Estratexias e Plans Directores de Responsabilidade Corporativa/ Sostibilidade; e profundarase nos coñecementos e nas habilidades necesarias para liderar e xestionar a elaboración e difusión dos Informes do Estado da Información Non Financeira ou de Sustentabilidade.
O curso, impartido por José Manuel Sedes, consultor experto en Sostibilidade e Reporting Corporativo, terá lugar o xoves 18 de abril de 16.00 a 20.00 h en Nordés Club Empresarial (Enrique Mariñas Romero, 32, A Coruña). O prezo por alumno/a é de 180 € (IVE non incluído), cun desconto do 25% para entidades asociadas a Viratec.