Viratec é galardoado nos X Premios Galicia de Enerxía

Viratec foi galardoado na X edición dos Premios Galicia de Enerxía, promovidos polo Ilustre Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG) en colaboración coa Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia (AIIG).

Viratec, o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, foi galardoado na X edición dos Premios Galicia de Enerxía, promovidos polo Ilustre Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG) en colaboración coa Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia (AIIG). En concreto, Viratec recibiu o “Premio de difusión de solucións ambientais que reducen o consumo enerxético e as emisións de gases de efecto invernadoiro”.

Ademais, Norvento, entidade asociada a Viratec, recibiu o premio “Proxectos enerxéticos que melloren a vida dos cidadáns”, polo seu proxecto Microrredes illadas no Caribe.

O obxectivo destes galardóns é recoñecer as mellores traxectorias no fomento e implantación de boas prácticas no campo da industria, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades.

A cerimonia de entrega de premios celebrarase no Museo Interactivo da Historia de Lugo o 10 de novembro na X Noite da Enerxía.

COMPARTIR