O vindeiro xoves 12 de setembro, de 9 h. a 14:30 h. na Fundación Empresa Universidad Gallega (Feuga), en Santiago de Compostela, terá lugar o ‘Obradoiro de Análise de Ciclo de Vida’, organizado por Cretus, en colaboración con Viratec.
Os profesores Gumersindo Feijóo e María Teresa Moreira son os encargados de impartir este obradoiro, cuxa finalidade é afondar nos fundamentos de análise de ciclo de vida acorde coa ISO 14040 e 14044 para aplicación de sistemas de ecoetiquetado e ecodeseño.
Esta actividade é aberta a todo o público, pero require de inscrición previa. O coste é de 90 €, excepto para as entidades asociadas a Viratec, que poderán asistir gratuitamente.
Inscricións (prazas limitadas): https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeGLcP7sS_MvDQJ3gCP6jtf57hNE2FL7EHMDWpU1mVwdKscaw/viewform
Programa:
9:00 h. Fundamentos básicos: definición de obxectivos e alcance, inventarios do ciclo de vida, avaliación do inventario do ciclo de vida e interpretación de resultados (actividade expositiva).
10:30 h. Pausa- Café.
11:00 h. Realización dun caso práctico de ACV co emprego do software SimaPro.
13:30 h. Presentación de diversos casos prácticos realizados por empresas e organizacións europeas.
14:30 h. Remate do obradoiro.