VIRATEC avanza na elaboración do seu Plan Estratéxico 2021-2024

  • O Presidente da entidade, Marcos Martín, afirma que “traballaremos en solucións para lograr o desenvolvemento sostible e unha transición ecolóxica xusta para Galicia”
  • O Vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, destaca a importancia de fomentar “un ecosistema de cooperación público-privada para promover o desenvolvemento sostible”
  • VIRATEC xa ten en marcha unha oficina de captación de financiamento para proxectos nacionais e internacionais

 

O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, VIRATEC, celebrou hoxe a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que se deron cita os 52 socios integrantes do organismo, cuxa facturación alcanza os 2.000 millóns de euros. A xuntanza serviu para dar a coñecer os avances realizados no desenvolvemento do Plan Estratéxico 2021-2024 do Clúster. Para a posta en marcha desta folla de ruta, VIRATEC desenvolveu un proceso participativo entre todos os socios e porase en contacto cos Clústers galegos da Función Loxística, da Madeira, da Alimentación (CLUSAGA) e co Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA).

A Asamblea Xeral de VIRATEC contou coa presenza do Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde: “na economía circular é moi importante a unión de esforzos, por iso, este Clúster vai axudar a dar resposta aos retos vinculados á competitividade do tecido empresarial adicado ao desenvolvemento de solucións ambientais”. Conde apuntou tamén que “ademais da colaboración entre as empresas do Clúster debe haber unha interlocución entre o sector e a Administración, polo tanto, neste proceso, todos somos necesarios”.

Por outra parte, Francisco Conde animou ás empresas de VIRATEC a “impulsar iniciativas en proxectos vinculados á economia circular, a transición enerxética e a mobilidade sostible, para dar unha resposta á reactivación económica e identificar oportunidades vinculadas aos fondos europeos”. Neste sentido, o Presidente de VIRATEC, Marcos Martín, apuntou que “traballaremos para propoñer proxectos e solucións que permitan lograr o desenvolvemento sostible e unha transición ecolóxica xusta para Galicia”.

A Asamblea Xeral serviu para darlle luz verde ao regulamento de réxime interno de VIRATEC, avanzar no Plan Operacional 2021-2022 e ratificar aos novos socios do Clúster.

Dende a súa constitución, VIRATEC puxo en marcha unha oficina de captación de financiamento para proxectos nacionais e internacionais. O obxectivo é permitr ás empresas do sector a transferencia e a internacionalización das súas tecnoloxías.

COMPARTIR