Viratec activa o estudo sobre a capacidade de internacionalización dos seus socios

O Clúster pon en marcha os traballos para obter un mapa de capacidades de empresas, expertos e estado de internacionalización dos seus socios.

Estudio para a internacionalización dos socios de Viratec

Tras o proceso de selección posto en marcha polo Clúster desde o seu comité de Internacionalización, este mes de xaneiro comezaron os traballos encamiñados a obter un mapa de capacidades de empresas, expertos e estado de internacionalización dos socios de Viratec. Contar con este diagnóstico permitirá á entidade, como organismo intermedio, optar ás axudas para impulsar a internacionalización dos seus socios, como Galicia Exporta e outras liñas de subvencións que se convocarán ao longo do primeiro semestre deste ano 2023.

Para o desenvolvemento destes traballos resultou adxudicataria a consultora Innplica – Maremal Axencia Consultoría Innovación S.L.L.- encargada de solicitar a necesaria información. Con este obxectivo de impulsar a internacionalización as entidades socias de Viratec deben completar o seguinte formulario: https://forms.gle/WT5ou3UtGsxqoe4ZF8

COMPARTIR