
Recursos e Valorización Ambiental (RVA) leva a cabo proxectos de investigación e de desenvolvemento ambiental para ofrecerlle a diversas empresas solucións ambientais. Para iso, a través do seu propio laboratorio realizan seguimentos das modificacións nos principais parámetros bioxeoquímicos de control ao longo do tempo, propoñendo alternativas de recuperación, rehabilitación ou mitigación dos impactos.
Falamos con Felipe Macías, socio fundador de Recursos e Valorización Ambiental, sobre a orixe da empresa, a súa actividade e os desafíos aos que se enfronta a compañía e o sector ambiental.
- Como xorde a compañía?
Recursos e Valorización Ambiental é unha PEME que nace no ano 2004 como unha empresa familiar coa finalidade de levar ao mercado solucións sostibles para as diferentes problemáticas ambientais que xorden nas empresas nas súas distintas etapas, tanto a nivel de planificación, estratexia, como execución, funcionamento, e peche ou clausura, con énfase en avaliación de impactos e análises de riscos.
Todo iso realizámolo a partir do coñecemento científico-técnico nos compartimentos xeoquímicos como son os chans e as augas. Para iso axuntamos dita experiencia e coñecemento xunto coa experiencia en residuos e ecosistemas para dar solucións ás necesidades expostas polas empresas.
2. En que consiste a súa actividade empresarial?
A actividade de RVA céntrase na realización de estudos e informes ambientais, periciais, etc. con análises de riscos e avaliación de alternativas de recuperación ou rehabilitación e mellora dos sistemas.
Incrementamos a eficiencia das actuacións empresariais no seu contexto actual, propoñendo o uso das mellores técnicas con énfases na valorización de residuos e a mellora das actividades produtivas.
3. Con que tipo de organizacións e sectores adoita traballar? En que zonas xeográficas desenvolve principalmente a súa actividade?
Como sector transversal que é o medio ambiente, colaboramos con outros sectores como son: a minería, a enerxía, o sector da construción, a industria química e metalúrxica, o deseño e elaboración de fertilizantes, acuicultura, produción gandeira e alimentación.
Traballamos en varias zonas xeográficas percorrendo boa parte da Península (Galicia, Andalucía, Castela e León, Murcia, Navarra etc.)/ etc.) xunto con Portugal, colaborando coas Universidades de Santiago, Vigo, Braga (Universidade do Minho), a Politécnica de Cartaxena e vos Politécnicos de Porto e Bragança.
4. Podería mencionar algún dos proxectos nos que están implicados?
Actualmente estamos a colaborar dentro dun proxecto CDTI de restauración mineira e un proxecto de agrovoltaica, así como realizando seguimentos ambientais e informes periciais con empresas dos sectores enerxético, minería, alimentación, construción e acuicultura.
5. Cal considera que podería ser o maior reto para o sector?
Un dos maiores retos que vemos no noso caso é o desenvolvemento de autorizacións ambientais para o logro das posibles solucións de mitigación ao forzamento climático.
Estanse levado a cabo acciones para reducir a concentración de dióxido de carbono atmosférico, favorecer a economía circular e mellorar a capacidade produtiva de alimentos a través do incremento da fertilidade dos chans, pero non é suficiente.
A recuperación dos chans degradados ou contaminados para as actividades produtivas, co fin de mellorar a biodiversidade e a calidade da contorna, tamén é un dos desafíos aos que se enfronta o sector.
6. Que papel xoga a dixitalización na descarbonización e na transición ecolóxica?
Consideramos que a dixitalización é unha parte necesaria e imprescindible na análise das situacións actuais, así como no seguimento dos efectos dos procesos que se implanten.
7. Cales son as claves de sustentabilidade ambiental en Recursos e Valorización Ambiental?
Poñeriamos en primeiro lugar o coñecemento dos sistemas naturais, con énfases nos chans, augas e ecosistemas, as súas limitacións e potencialidades fronte aos cambios ambientais. En segundo lugar, o desenvolvemento de tecnoloxías de mellora, rehabilitación e optimización da eficiencia no uso dos recursos, limitando os riscos.
8. Como entidade asociada a Viratec, que lles achega formar parte do clúster? E en que tipo de iniciativas promovidas desde Viratec podería colaborar Recursos e Valorización Ambiental coa súa experiencia e especialización?
O clúster sérvenos de marco para posibles colaboracións con empresas e institucións interesadas nas solucións ambientais sostibles.
Poderiamos participar achegando experiencia en:
• Promoción da excelencia na I+D+i.
• Implicación nos desafíos ambientais locais e globais.
• Sensibilización e divulgación dunha cultura de medio ambiente.
• Contribución ao desenvolvemento sostible de Galicia.