Galicia Exporta Organizacións intermedias

Viratec considerou fundamental contar con material promocional que axude ás entidades asociadas a potenciar a súa internacionalización, en particular, un vídeo corporativo do Clúster.

Para a súa produción, Viratec foi beneficiario das axudas Galicia Exporta Organismos Intermedios 2024 do Instituto Galego de Promoción Económica, cofinanciadas pola Unión Europea, coa finalidade de realizar accións conxuntas de promoción exterior por parte de empresas galegas.

Este vídeo mostrarase en eventos internacionais e abrirá as portas a novas oportunidades de negocio para os asociados. Ademais, as entidades asociadas a Vira poden apoiar a súa solvencia coa pertenza ao clúster, mostrando as súas capacidades a través deste formato audiovisual.

COMPARTIR