ENERWOOD

ENERWOOD ten como obxectivo investigar os modelos enerxéticos da industria da madeira en aras de lograr maior eficiencia enerxética, aliñándose así coas políticas de enerxía, clima e a política industrial no ámbito europeo e nacional.


Con este fin, ENERWOOD desenvolverá ferramentas dixitais para analizar o consumo enerxético e optimizar o seu uso no proceso manufactureiro da madeira en liña co Plan Industrial do Pacto Verde Europeo. A dixitalización é unha panca para lograr unha industria máis competitiva. O proxecto alíñase, así, coa Estratexia Industria 4.0 do Goberno de España.


ENERWOOD empregará tecnoloxías THD como a automatización dos procesos e intelixencia artificial, a través da aplicación de sensores, IoT e de innovadores sistemas de captura e tratamento de datos como a visión artificial e a fotónica. Todo iso, contribuíndo a analizar o consumo actual, para perfeccionar o uso eficiente de enerxía e reforzando a integración do mercado europeo da enerxía a través da dixitalización de datos e a súa posta ao dispor para a súa integración en redes dixitais.


ENERWOOD é un proxecto colaborativo de investigación coordinado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, no que participan Puertas Betanzos, CERNA, CETIM, Viratec, INTACTA e ITG.


Está financiado polo Ministerio de Industria e Turismo, a través da Convocatoria de Agrupacións Empresariais Innovadores do ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

COMPARTIR