O vindeiro xoves ás 12.00 VIRATEC organiza un encontro co director xeral do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Fernando Guldrís Iglesias, para identificar proxectos que poidan impulsarse no marco do programa Next Generation EU.
Baixo o título “Fondos Next Generation EU, unha oportunidade para impulsar proxectos ambientais e de economía circular”, o director do Igape e o responsable da oficina de proxectos, Santiago Álvarez, compartirán connosco toda a información de interese sobre os Fondos Next Generation EU.
Deseñar proxectos transformadores que axuden a dinamizar tanto o sector do medio ambiente como a circularizar os sectores estratéxicos de Galicia e especialmente a industria galega está en liña dos obxectivos de Igape. O webinar, celebrado onte, permitiu aos asociados de VIRATEC coñecer as novidades relativas aos fondos Next Generation EU coas intervencións do director Xeral de IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Fernando Guldrís Iglesias e do Responsable da Unidade de Proxectos Tractores, Santiago Álvarez.
Desde a administración estase a desenvolver unha plataforma como canle de comunicación único para axilizar e dotar de transparencia no arranque de proxectos susceptibles de captar fondos Next Generation EU e que xeren un alto impacto no territorio.
Os Fondos Next Generation EU teñen un enfoque de recuperación verde, sustentándose na sustentabilidade como panca de transformación. Buscan medidas innovadoras que xeren un cambio na sociedade combatendo o cambio climático, acelerando o proceso de diminución da pegada de carbono, xerando emprego coas novas fontes de enerxías renovables ou incentivando o investimento privado neste aspecto, entre outros obxectivos.