Viratec e Pacto Mundial da ONU España organizan un evento presencial, en colaboración con ABANCA, “Rendibilidade económica a través da sustentabilidade empresarial: experiencias e solucións para empresas galegas“, que se celebrará o próximo 7 de maio, ás 09:00 horas, no Centro Obra Social ABANCA (Santiago de Compostela).
Ademais, ao finalizar a pausa café, os asistentes terán a oportunidade de asistir ao taller formativo gratuíto “Ferramentas para a acción: impulsa a sustentabilidade co Pacto Mundial da ONU España”. Unha formación de dúas horas de duración, cunha metodoloxía teórico- práctica que ofrece unha oportunidade única para explorar o concepto de sustentabilidade empresarial e as oportunidades de negocio que brinda ás empresas e coñecer de primeira man as ferramentas e solucións que ofrece o Pacto Mundial da ONU España para implementar a sustentabilidade na túa empresa.
Para asistir é imprescindible inscribirse aquí.