Oferta de emprego: Viratec selecciona xerente para o Clúster

Descrición do perfil e da oferta do/a Xerente do Clúster

O/a xerente do Clúster Galego de Solucions Ambientais e Economía Circular é o responsable de supervisar e executar a misión do Clúster, asegurar o bo funcionamento de todos os aspectos operativos e administrativos, incluíndo a xestión de recursos humanos, a xestión financeira e a xestión de eventos, así como a salvaguardia da integridade e a gobernanza da organización. Igualmente, é o responsable de manter o contacto regularmente cos socios. Na súa calidade de executivo de máis alto nivel de Viratec, deberá ter un mínimo de experiencia na xestión de proxectos, así como no desenvolvemento de iniciativas no ámbito da sustentabilidade e economía circular.

 

Deberes e Responsabilidades:

  • Supervisar e executar a estratexia, proposta de valor e programas asociados ao Clúster.
  • Representar a VIRATEC ante empresas, gobernos, institucións, terceiro sector, medios de comunicación e outros.
  • Informar e xestionar aos órganos de goberno da asociación: Asemblea xeral de socios, xunta directiva e presidente fundamentalmente, colleitar e circular calquera información relevante para os devanditos órganos.
  • Xestionar as operacións diarias do Clúster, incluíndo recursos humanos, orzamentos e finanzas, comunicacións cos participantes, xestión de eventos e recadación de fondos
  • Manter unha comunicación regular cos socios, responder as consultas e ás solicitudes de información e salvagardar a integridade e a marca do Clúster.
  • Preparar os asuntos para tratar polos distintos órganos reitores de VIRATEC.
  • Asistir ás reunións dos órganos reitores de VIRATEC
  • Supervisar a organización da Asemblea Xeral anual e manter mecanismos para incorporar a retroalimentación dos participantes na estratexia e os programas de VIRATEC.
  • Identificar e xestionar as alianzas estratéxicas, públicas e privadas, así como con organismos públicos.
  • Exercer a dinamización e control dos proxectos e actividades de VIRATEC e informar á Xunta Directiva do nivel de realización dos mesmos, dos gastos e necesidades materiais, humanas e económicas.
  • Informar á Xunta Directiva da marcha dos distintos proxectos e actuacións e solicitar da mesma autorización para aqueles actos que así o requiran.
  • Velar polo correcto cumprimento dos acordos, convenios e programas dos que forman parte de VIRATEC.
  • Emitir cuantos informes sexan necesarios por orde dos seus superiores.

 

Requisitos

  • Titulación Superior.
  • Mínimo de 5 anos de exercicio profesional en áreas análogas.

 

Méritos a valorar:

  • Formación de posgrao con algunha das funcións xerais ou específicas do posto
  • Coñecementos en sustentabilidade e economía circular, tendencias e retos no ámbito nacional e internacional.
  • Dominio de ferramentas ofimáticas.
  • Permiso de conducir e vehículo propio.
  • Excelentes habilidades relacionales e capacidade xerencial.
  • Capacidade de representación (fronte a administracións públicas e/ou eventos de alto nivel).
  • Habilidades destacadas en comunicación verbal e escrita.
  • Principios e valores persoais: integridade, profesionalidade, independencia na toma de decisións e respecto pola diversidade

 

Outros méritos non excluíntes: 

  • Dominio do inglés falado e bo nivel escrito
  • Experiencia en captación de fondos, xestión de proxectos, participación en partenariados
  • Xestión de equipos

 

OFRÉCESE:

  • Experiencia profesional nun sector clave e estratéxico
  • Alta visibilidade no sector ambiental en Galicia
  • Flexibilidade e autonomía
  • Gran potencial de desenvolvemento de carreira e relacional
  • Salario a negociar en función da valía e do plan de desenvolvemento profesional.
  • Localización en Santiago (Instalacións de FEUGA)
  • Incorporación prevista: 1 de Novembro.

 

As persoas interesadas deberán remitir a rrhh@eosa.com o currículo e aquela documentación que permita a valoración de todos aqueles aspectos que reforcen a candidatura en relación aos apartados expostos e especialmente unha carta de motivación da súa candidatura.

Garántese absoluta confidencialidade

COMPARTIR