O clúster Viratec organiza unha xornada sobre os retos da cadea de valor do sector téxtil

A xornada enmárcase dentro do programa Conversas de 10, un proxecto de divulgación sobre economía circular e solucións ambientais.

 

Viratec, o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, celebrou esta mañá, na Confederación Empresarial de Ourense, unha xornada, baixo o título ‘Os retos da cadea valor do sector téxtil’.

O encontro comezou cunha entrevista a Alberto Egido, responsable de Medio Ambiente e Circularidade de Moda Re-, da man de Rodrigo López, cofundador de Permae Ser, entidade asociada ao clúster. En ella se abordaron algunos de los problemas y retos que afronta el sector, relacionados con el impacto ambiental y social, con el desarrollo sostenible de la industria textil y el marco normativo europeo.

Nela abordáronse algúns dos problemas e retos que afronta o sector, relacionados co impacto ambiental e social, co desenvolvemento sostible da industria téxtil e o marco normativo europeo.

Moda Re- encárgase do ciclo completo da xestión dos residuos téxtiles,  desde  a recollida, preparación para á súa reutilización, reciclaxe, doazón ata a venda nas súas tendas. Respecto á clasificación, Egido destacou que “clasificamos as pezas en tres liñas xerais: reutilizables, é dicir, que poden ser usadas de novo; as que xa non ten esa dignidade de ser usadas, pero pode ser recicladas; e o rexeitamento, a que se podía levar ao vertedoiro, pero coa que facemos unha valorización enerxética. En termos xerais, preto do 60 % destínase a reutilización, 30% a reciclaxe, e o restante a valoración enerxética”.

Respecto aos desafíos do sector, Egido destacou que “o primeiro reto está marcado  por lei, antes do 31 decembro de 2024 ten que estar instaurado a recollida selectiva do residuo téxtil no territorio nacional, e estamos moi lonxe diso. Falamos dunha ratio dun contedor para 2.200 persoas, mentres que en Francia está un contedor para 1.440 persoas. E non só iso, hai moitas zonas de sombras onde non hai recollida téxtil; o segundo reto é o SCRAP; e o terceiro, a raíz do aprendizaxe do SCRAP de Francia está o ecodeseño e a súa vinculación coa ecomodulación, que é que “as taxas e impostos das entidades produtoras teñen que estar orientadas a quen mellor o faga”.

En canto ás campañas de concienciación ambiental realizadas pola industria téxtil para fomentar a ‘moda lenta’, Alberto Egido indica que “hai  que ser optimistas. Si hai un cambio no hábitos de consumo, principalmente nas persoas menores de 25 anos, xa que a súa primeira opción de compra, dentro do 40 % desas persoas, é roupa, tecnoloxía ou complementos do fogar de segunda man. Por que? Eu entendo que porque teñen a parte ambiental máis interiorizada, porque saben no mundo que lles vai tocar vivir, polo que están realmente preocupados”.

A continuación, tivo lugar unha mesa redonda moderada por Eva Castro, directora de Proxectos e Operacións en Alinea ODS, na que participaron Rocío Martínez, consultora especializada en Transición Sostible e Dixital en masmoda.cool; Pablo García-Bodaño, CEO de Wim Studio; María Luz Jorge, coordinadora en Servicios Comerciales de Inserción Laboral; e Rosalía Noguerol, responsable de Materiais Avanzados de CETIM.

Os catro relatores explicaron algúns dos seus proxectos e iniciativas que levan a cabo nas súas entidades co fin de reducir a pegada de carbono. Baixo os diferentes puntos de vistas, xa que cada un deles pertence a un elo da cadea de valor do ciclo, coincidían na importancia da trazabilidade dos produtos e da cooperación entre empresas para levar a cabo proxectos sostibles.

Esta xornada enmarcarse dentro do programa Conversas de 10. Un proxecto do clúster que busca favorecer o coñecemento e a divulgación sobre economía circular e solucións ambientais, co fin de impulsar a transición da economía cara á sustentabilidade, en e desde Galicia. Cada edición deste evento celébrase nunha localidade galega, para achegarse así ás diferentes entidades socias e ao sector ambiental da comunidade.

Esta xornada do Ciclo Conversas de 10 está dispoñible na nosa canle de Youtube e pódese visualizar aquí.

COMPARTIR