Novidades legais no sector ambiental

Publicacións das últimas normativas relacionadas co sector ambiental.

Publicacións das últimas normativas relacionadas co sector ambiental.

Protección do medio ambiente mediante o dereito penal

Publicación da Directiva (UE) 2024/1203 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 11 de abril de 2024, relativa a la protección del medio ambiente mediante el Derecho penal y por la que se sustituyen las Directivas 2008/99/CE y 2009/123/CE.

A nova normativa fundaméntase en que o réxime de sancións vixente en virtude da Directiva 2008/99/CE do Parlamento Europeo en materia ambiental non foi suficiente para lograr o cumprimento do Dereito da Unión en materia de protección do medio ambiente, polo que este cumprimento debe reforzarse mediante a dispoñibilidade de sancións penais efectivas, proporcionadas e disuasorias que se correspondan coa gravidade dos delitos e que poidan expresar unha desaprobación social maior que co recurso a sancións administrativas.

 

Plan sectorial de xestión de residuos industriais de Galicia 2023-2030

Publicación no DOGA do DECRETO 157/2024, do 20 de maio, polo que se aproba o Plan sectorial de xestión de residuos industriais de Galicia 2023-2030.
O novo Priga constituirá o marco de referencia na planificación da xestión dos residuos industriais en Galicia, achegando conceptos, principios e estratexias para adoptar na correcta xestión de residuos industriais nos próximos anos.

 

Normativa gases hidrofluorocarburos

Publicación do Reglamento (UE) 2024/573 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 7 de febrero de 2024, sobre los gases fluorados de efecto invernadero, por el que se modifica la Directiva (UE) 2019/1937, y se deroga el Reglamento (UE) nº 517/2014.

Este Regulamento, que entrou en vigor o 11 de marzo, impón condicións á produción, a importación, a exportación, a introdución no mercado e a subministración de gases fluorados e, en especial, establece os límites cuantitativos para a introdución no mercado de hidrofluorocarburos (HFC).

Os certificados e as acreditacións de formación existentes segundo o regulamento 517/2014 manterán a súa validez. Non obstante, a partir de marzo de 2027, todos os estados membros teñen que garantir que as persoas certificadas realicen unha formación para actualizar coñecementos ou completar o proceso de avaliación, cada sete anos.

 

Emisións de vehículos a motor

Publicación do Reglamento (UE) 2024/1257 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 24 de abril de 2024, relativo a la homologación de tipo de los vehículos de motor y los motores y de los sistemas, componentes y unidades técnicas independientes destinados a esos vehículos en lo que respecta a sus emisiones y a la durabilidad de las baterías (Euro 7), por el que se modifica el Reglamento (UE) 2018/858 del Parlamento Europeo y del Consejo y por el que se derogan los Reglamentos (CE) nº 715/2007 y (CE) nº 595/2009 del Parlamento Europeo y del Consejo, el Reglamento (UE) nº 582/2011 de la Comisión, el Reglamento (UE) 2017/1151 de la Comisión, el Reglamento (UE) 2017/2400 de la Comisión y el Reglamento de Ejecución (UE) 2022/1362 de la Comisión.

Este regulamento establece requisitos técnicos e disposicións administrativas comúns para a homologación en materia de emisións e a vixilancia do mercado dos vehículos de motor, os sistemas, os compoñentes e as unidades técnicas independentes, con respecto ás súas emisións de CO2 e contaminantes, o seu consumo de combustible e enerxía eléctrica, e a duración das baterías.

COMPARTIR