“Non pode ser que enterremos uns materiais que teñen infinitas vidas e sigamos extraendo recursos naturais”

Recinor comeza a súa actividade no 2003 dando solución á xestión dos residuos, coa finalidade de terminar de tirar os residuos en vertedoiros municipais e poder reciclalos evitando a súa vertedura e valorizando os materiais.

Hoxe falamos con José Rilo, director xeral de Recinor, sobre a evolución da compañía e a súa visión do sector dos residuos de construción e demolición (RCD).

  • Recinor iniciou a súa actividade en 2003. Para vostede, cal é o maior fito da compañía en todo este tempo?

Non sabería destacar un momento clave. Creo que o noso éxito foi ser capaces de adaptarnos ás modificacións no sector dos residuos de forma moi rápida e, sobre todo, ter desde o primeiro día a idea clara que a reciclaxe consiste en coller un residuo e buscar a maneira de darlle outra vida; e durante moitos anos o vertedoiro foi o que primaba no sector.

Agora temos un reto moi interesante por diante, que é o vertido cero e co novo proxecto de Valogreene Recinor, imos conseguir.

  • Que servizos ofrece Recinor? E o Grupo JRilo ao que pertence?

Recinor é un servizo máis que desde o Grupo JRilo damos para cubrir as necesidades dos nosos clientes. O mundo da xestión de residuos é moi amplo e esixente, e conseguimos que Recinor sexa un referente e un xestor integral onde damos un soporte completo aos nosos clientes asesorándoos e informándolles das evolucións do sector.

JRilo naceu moi ligado ao mundo da construción coa idea moi clara de ter unha orientación ao cliente, buscando sempre os servizos que necesita e poñelos ao seu alcance.

Coa nosa actividade de Rilo Maquinaria, poñemos ao alcance dos nosos clientes calquera máquina e equipo que poida necesitar, desde un trade ou un cortacésped ata unha escavadora pesada, plataforma elevadora etc.

Prosema e a actividade da nosa construtora xorde da necesidade, na crise anterior, de buscar traballo para poder soster as diferentes empresas e a toda a xente que as forma. Especializámonos tanto en obra civil, como en edificación e rehabilitación.

  • É posible conseguir rendibilidade e competitividade no sector dos RCD? Como?

O sector dos RCD é moi competitivo, seguimos competindo contra as malas praxes doutras empresas. É necesario conseguir unha rendibilidade facendo as cousas ben e seguindo as normativas, xa que a empresa ten que seguir, hai que ser competitivo xerando valor co equipo humano da empresa. O prezo é moi importante, pero máis importante é non xerarlle outros custos ao cliente debido a un mal servizo.

Neste sentido, creo que conseguimos ter un equipo moi bo e damos unha resposta moi áxil e eficaz.

É imprescindible, para que a reciclaxe dos RCD sexa unha realidade, que se empuxe por parte das administracións o uso dos áridos reciclados. Non pode ser que enterremos uns materiais que teñen infinitas vidas e sigamos extraendo recursos naturais.

Os áridos reciclados funcionan perfectamente e substitúen aos naturais en moitísimas aplicacións. Por que non se usan?

  • Unha aplicación dos RCD podería ser na construción de novas infraestruturas. Como considera que a Administración pode apoiar a economía circular neste ámbito?

Dependendo da infraestrutura que se queira realizar, os áridos teñen que cumprir unhas especificacións. Os RCD cumpren con moitas das especificacións e pódense usar perfectamente. Tirar estes materiais en buracos é contrario á economía circular, non ten sentido.

Creo que la Administración tiene que exigir el uso de materiales reciclados, sean áridos o cualquier otro material ya que es la manera de que compense valorizar. Si no se usa lo que valorizamos, pues no vale para nada. Hay que obligar a usar materiales reciclados.

  • Cal considera que é o maior reto do sector RCD?

Hacer una buena segregación. Cada vez va a ser más caro entregar el contenedor todo mezclado. Cada vez hay más materiales en la construcción que para reciclarlos, tienen que ir segregados o los tenemos que separar en planta, por lo que, si lo hacemos nosotros, lo tenemos que cobrar.

Por suposto, outro reto é dar saída aos áridos reciclados.

  • Cre que os proxectos de innovación como no que participaron en consorcio con outras entidades asociadas, e coordinado por Viratec, Smart2Reduce, pode favorecer a economía circular? Cal é o papel de Recinor?

Desde Recinor queremos participar en calquera proxecto que nos abra posibilidades de reutilización dos nosos materiais, tanto dos materiais pétreos, como de calquera outro.

É imprescindible que se apoien proxectos deste tipo e que Viratec siga impulsándoos e coordinándoos.

  • A planta Valogreene Recinor, que estará situada nas Somozas, evitará a deposición en entulleira de 40.000 toneladas de residuos. Pode explicarnos máis sobre este proxecto?

É o paso que lle fai falta a Recinor para chegar ao vertido cero, que é o obxectivo de Recinor desde que se fundou. É un proceso químico que cos rexeitamentos que terminan en vertedoiros, facemos un produto para volver facer outros materiais.

  • Como entidade asociada a Viratec, que lles aporta formar parte do clúster?

É imprescindible que un sector como o do Medio Ambiente estea representado ante as administracións, que aglutine a todas as empresas que máis representen este ámbito. A xestión de residuos é unha parte esencial no Medio Ambiente, necesitamos moita máis presenza de xestores e aínda que queda moito por facer, é importante ensinar todo o bo que leva traballado para mellorar a xestión dos residuos. Mellorouse moitísimo e nunca se conta.

Viratec ten que traballar en que os asociados nos coñezámos e podamos atopar as nosas sinerxias. O sector ambiental é moi amplo e hai diferentes intereses e subsectores; hai moito por facer.

Nós, nos diferentes sectores aos que pertencemos, queremos integrarnos nas asociacións que nos axuden a mellorar os sectores e as nosas empresas.

COMPARTIR