Luz verde á inscrición de Viratec no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio

Esta incorporación permitirá ao Clúster recibir o apoio financeiro do Programa de Agrupacións Empresariais Innovadoras, abrindo unha nova porta de financiamento na que presentar proxectos en favor da economía circular e as solucións ambientais.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo comunicou a Viratec, a través da Secretaría General de Industria y de la Pequena y Mediana Empresa, a resolución favorable pola que o Clúster pasa a estar incluído no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras do devandito ministerio.

A inscrición realízase unha vez que a correspondente Comisión de Avaliación do Ministerio valorou positivamente o plan estratéxico presentado por Viratec, e tras comprobar que a entidade solicitante reúne o resto de requisitos establecidos.

A  incorporación de Viratec neste Rexistro permitiralle recibir o apoio financeiro do Programa de Agrupacións Empresariais Innovadoras, que ten como obxectivo mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. Ábrese así unha nova vía de financiamento á que Viratec poderá presentar proxectos en favor da economía circular e as solucións ambientais.

COMPARTIR