I edición Foro Viratec de Innovación Sostible

Viratec, co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, celebra a primeira edición do Foro Viratec de Innovación Sostible, o vindeiro 18 de outubro, no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.

O evento servirá de plataforma para compartir avances tecnolóxicos e experiencias exitosas, ademais de servir como catalizador de iniciativas orientadas ó fomento de un desenvolvemento sostible. Con este encontro preténdese mostrar o compromiso das empresas e organizacións coa responsabilidade social e ambiental, transmitindo á sociedade a importancia da innovación á hora de mellorar a calidade ambiental e mitigar o cambio climático.

Durante a celebración deste Foro, tamén terá lugar a primeira edición dos Premios Viratec, que premiará as mellores actividades de innovación e investigación desenvolvidas durante os anos 2023 e 2024 polas entidades asociadas ao Clúster, que propoñan solucións ambientais no marco da economía circular orientadas ao desenvolvemento de novos produtos, servizos ou procesos.

Inscríbete ao foro aquí

PROGRAMA

9:30 h.- Recepción de asistentes.

10:00 h.- Apertura. Discursos institucionais.

  • Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático.

10:15 h.- Relatorio I ‘As Cidades e a Auga’.

11:00 h.- Sesión I. Presentación de candidaturas á categoría ‘Grande-Mediana Empresa

11:30 h.- Pausa Café

12:15 h.- Sesión II. Presentación de candidaturas á categoría ‘Pequena Empresa

12:45 h.- Mesa Redonda I ‘Retos ambientais de Galicia en materia de Auga’

14:00- 15:30 h.- Almorzo

15:30 h.- Relatorio II ‘Novo Marco Legal Autonómico en Materia Medioambiental’

16:15 h.- Sesión III. Presentacións de candidaturas á categoría ‘Centro de Coñecemento’

17:00 h.- Pausa- Café

17:30 h.- Mesa Redonda II ‘Retos e Oportunidades da dixestión anaerobia de residuos orgánicos’

18:30 h.- Clausura. Discursos de clausura e entrega de premios.

19:00 h.- Cóctel de clausura.

COMPARTIR