FORO FIREC | Diálogos sobre Economía Circular

Organizado polo Foro FIREC que lidera o investigador Juan José Pernas, o día 30 de maio, no Nordés Club Empresarial (A Coruña), terá lugar a xornada “Diálogos de Economía Circular Local” na que poderán coñecerse os resultados do estudo elaborado pola Universidade da Coruña sobre o cumprimiento da normativa de residuos e solos contaminados para unha economía circular por parte das entidades locais. O evento tamén será retransmitido por streaming.

O encontro, patrocinado por VEOLIA e VIRATEC, conta coa colaboración da FEGAMP e ECOBAS.

ASISTENCIA ONLINE: Imprescindible rexistro previo AQUÍ.

EVENTO PRESENCIAL: PRAZAS LIMITADAS. Para asistir presencialmente, dirixa un email coa súa solicitude a: secretariatecnicafirec@gmail.com

PROGRAMA

09:00-09:20 h. PRESENTACIÓN DA XORNADA:

Resultados do estudo sobre o cumprimento da normativa de residuos e chans contaminados para unha economía circular por parte das entidades locais, UDC.

  • Jennifer Sánchez, profesora de Dereito Administrativo, UDC
  • Itziar Sobrino García, investigadora postdoctoral, ECOBAS-UDC

09:20-9:45 h. DIÁLOGOS CIRCULARES: Tendencias da política da economía circular.

09:45-10:00 h. Debate.

10.00-10.25 h. DIÁLOGOS CIRCULARES: Experiencias destacadas da xestión local de residuos.

10:25-10:40 h   Debate.

10.40-11.00 h. TALLER PRÁCTICO: Taxa de residuos municipal: estado da cuestión e propostas de actuación.

11:00-11:20 h. Debate.

12:00-13:00 h. EXPERIENCIAS:

  • Paz Orviz Ibáñez, COGERSA
  • Sebastià Sansó i Jaume. gerent adjunt d’EMSER 2002 de Pollença
  • Rafael Sánchez Aparicio, director de Residuos & Plásticos. VEOLIA.

13:00-13.30 h  Debate e peche da xornada.

COMPARTIR