Finalistas da primeira edición dos Premios Viratec

O venres 18 de outubro, de 10 h a 19 h., terá lugar a I edición do Foro Viratec de Innovación Sostible, no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a celebración deste Foro, tamén terá lugar a primeira edición dos Premios Viratec, que premiará as mellores actividades de innovación e investigación desenvolvidas durante os anos 2023 e 2024 polas entidades asociadas á agrupación industrial, que propoñan solucións ambientais no marco da economía circular orientadas ao desenvolvemento de novos produtos, servizos ou procesos.

Os finalistas dos Premios Viratec son:

Categoría Grande/mediana Empresa:

  • Viaqua: ‘Transformando as plantas de depuración en ecofactorías: cara a circularidade no ciclo integral da auga’.
  • Norvento: ‘Lugaz’.

Categoría Centros de Coñecemento:

  • Cretus: ‘Pretenacc’.
  • Cetaqua: ‘O potencial oculto dos residuos orgánicos como materia prima para as ecofactorías do século XXI’.
  • Anfaco-Cecopesca: ‘Alehop’.

Categoría Pequena Empresa:

  • Wim Studio: ‘Recycled Textil Stone’.
  • Himikode: ‘Hkoffee’.
  • Insertega: ‘Residuo Téxtil, unha nova materia prima’.

Inscríbete ao foro aquí

PROGRAMA

9:30 h.- Recepción de asistentes.

10:00 h.- Apertura. Discursos institucionais.

10:15 h.- Relatorio I ‘As Cidades e a Auga’.

11:00 h.- Sesión I. Presentación de candidaturas á categoría ‘Grande-Mediana Empresa‘

11:30 h.- Pausa Café

12:15 h.- Sesión II. Presentación de candidaturas á categoría ‘Pequena Empresa’

12:45 h.- Mesa Redonda I ‘Retos ambientais de Galicia en materia de Auga’

14:00- 15:30 h.- Almorzo

15:30 h.- Relatorio II ‘Novo Marco Legal Autonómico en Materia Medioambiental’

16:00 h.- Sesión III. Presentacións de candidaturas á categoría ‘Centro de Coñecemento’

16:30 h.- Pausa- Café

17:15 h.- Mesa Redonda II ‘Retos e Oportunidades da dixestión anaerobia de residuos orgánicos’

18:30 h.- Clausura. Discursos de clausura e entrega de premios.

18:45 h.- Cóctel de clausura.

COMPARTIR