Obradoiro  “A auga en Galicia.  Retos e solucións’

08abr09:0013:30 Obradoiro  “A auga en Galicia.  Retos e solucións’Simbiose industrial en solución circulares avanzadas para a xestión da auga

Detalles del evento

Viratec e Medrar, en colaboración co Igape, organizan varias sesións dun taller, baixo o título ‘A auga en Galicia. Retos e solucións’, no Biopolo Sionlla (Santiago de Compostela).

Sesión 1.- Solucións avanzadas en sostibilidade medioambiental (11 de marzo, de 9:30- 13:30 h.)

Daranse a coñecer solucións vangardistas a nivel internacional para a xestión sostible da auga. Estas poderán incluír modelos de aplicación relacionados coa reutilización, a redución e eliminación de consumos, a valorización, ou a optimización de tecnoloxía orientada a contaminantes emerxentes.

Sesión 2.- Simbiose industrial en solución circulares avanzadas para a xestión da auga (8 de abril, de 9:30- 13:30 h.)

Daranse a coñecer e poranse en valor os simbióticos na industria para favorecer o aproveitamento e reutilización da auga especialmente naquelas actividades que son intensivas en consumo.

Sesión 3.- Living lab : visita industrial (pendente data)

Farase una visita a unha industria ou centro tecnolóxico que teña implementado con éxito solución circulares avanzadas no ámbito da xestión de augas.

Sesión 4.- Speed dating: Solucións avanzadas en sostibilidade medioambiental (6 de maio, de 9:30- 13:30 h.)

Fomentarase a interacción efectiva entre as entidades participantes, expertos que deron relatorios en sesión previas, socios do clúster, e outros actores relevantes para volcar coñecementos, solución, dúbidas, ideas e inquietudes para acadar conclusión reais e aplicables.

Más

Fecha y hora

08.04.2025 09:00 - 13:30(GMT+00:00)