
Himikode xorde como iniciativa empresarial de base tecnolóxica outorgado pola Xunta de Galicia e actualmente conta co selo de Peme Innovadora do Ministerio de Ciencia e o de Empresa Emerxente outorgado por Enisa. A súa actividade céntrase na creación de solucións innovadoras que combinan IoT, intelixencia artificial, Big Data e SaaS, desenvolvendo produtos para crear negocios escalables. Desde o deseño de electrónica IoT propia, o desenvolvemento de modelos IA ata o software final para o cliente, a súa misión é impulsar a dixitalización e a eficiencia en sectores clave como a agroalimentación e a enerxía, destacando produtos como hkoffee e RuralData, que optimizan procesos e melloran a sostibilidde.
Hoxe falamos con Noemí Rodríguez, CEO de Himikode.
- Himikode naceu no 2018, como xorde esta compañía? E, como foi a evolución tanto da empresa como do sector ambiental e tecnolóxico durante este tempo? ?
Himikode nace en 2018 en Lugo, cando coñecín a Raúl G. Bayón, quen hoxe é o meu socio e COO, durante un proxecto de consultoría de innovación estratéxica para un dos principais tostadores de café do país. Durante este proxecto, démonos conta dunha realidade alarmante: moitas marcas alimentarias, especialmente no sector do café, carecían de visibilidade sobre o que ocorría co seu produto e os seus equipamentos unha vez que chegaba ao momento de venda, concretamente ao canle HORECA. Esta desconexión entre o tostador e o consumidor final era unha oportunidade clave para a innovación.
Desde a miña experiencia na industria dixital, comprendín o enorme potencial que teñen os datos para transformar modelos de negocio, e vin nese baleiro unha posibilidade de facer algo realmente disruptivo. Foi nese momento cando decidín fundar Himikode. Non só queriamos axudar ás marcas para recuperar o control do seu produto, senón a ofrecerlles unha ferramenta tecnolóxica que lles permitise tomar decisións máis informadas, optimizando así a xestión do seu negocio no punto de venda e mellorando a súa eficiencia operativa.
A evolución do uso de datos e a tecnoloxía intelixente na industria agroalimentaria foi vertixinosa, e nós queremos ser parte desa revolución. Identificar oportunidades, formar un equipo con experienci, e extrapolar modelos exitosos doutros sectores permitiunos non só crecer como empresa, senón tamén contribuír activamente a transformar como se concibe a xestión na cadea de valor alimentaria.
- Cales son as principais áreas nas que traballa Himikode?
- O seu principal produto é ‘hkoffee’, un novo sistema de monitorización de máquinas de café. Como funciona?
- Hai algún motivo polo que se centraron no ámbito do café?
- Esta ferramenta dixital pódese extrapolar a outros ámbitos da industria alimentaria?
- A enerxía é outro dos sectores no que operan. Como axudan ás contornas rurais a ser máis sostibles?
- Na súa opinión, a industria galega está preparada para a dixitalización? cales son os principais retos aos que se enfronta?
- Aínda é pouco frecuente ver a mulleres ocupando postos de alta dirección en España, e menos aínda en empresas do sector tecnolóxico. Como se atopa nun sector tan masculinizado?
- Foi seleccionada para figurar na ‘Guía de mulleres líderes do ecosistema empresarial’ de 2024. Parabéns. Que supón para vostede este recoñecemento?
- Como entidade asociada a Viratec, que lles achega formar parte do clúster? E en que tipo de iniciativas promovidas desde o clúster podería colaborar Himikode?