Elixida a xunta Directiva de VIRATEC! O pasado venres celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria de VIRATEC na que se elixiu a Xunta Directiva do Clúster para os próximos 4 anos. A Xunta está composta polas seguintes entidades:
Presidencia: Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.
Vicepresidencia: Agroamb Prodalt, S.L.
Secretaría: Norvento Energía Distribuida, S.L.
Tesorería: Daorje Medioambiente, S.A.U.
Vocalía 1ª: Universidade de Santiago de Compostela
Vocalía 2ª: Valtalia Investment, S.L.
Vocalía 3ª: Sogarisa – Contenedores de La Coruña, S.L.
Na presentación da candidatura, Marcos Martín, presidente de VIRATEC, lembrou que a Xunta Directiva continuará traballando para facer de VIRATEC un referente no campo das solucións ambientais e a economía circular, implicando para iso a todos os socios do Clúster en grupos de traballo en conexión directa coa Xunta Directiva e a Asemblea Xeral do Clúster.