Cooperación entre startups e concellos galegos para promover solucións ambientais

Este martes 14 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a xornada ‘Solucións ambientais para entidades locais’, organizada por Viratec, o Club de Excelencia en Sostenibilidad e a Xunta de Galicia.

Este martes 14 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a xornada ‘Solucións ambientais para entidades locais’, organizada por Viratec, o Club de Excelencia en Sostenibilidad e a Xunta de Galicia. O encontro tivo a finalidade de potenciar o coñecemento das entidades locais en solucións ambientais, poñendo en valor iniciativas públicas e solucións nas temáticas de augas, residuos, mobilidade, intelixencia artificial, contaminación e ciberseguridade.

A xornada reuniu a ao redor de 80 asistentes, entre os que se atopan empresas de diferentes sectores vinculadas á sostibilidade ambiental e a circularidade, así como profesionais de medio ambiente de concellos galegos.

O evento, conducido por Ana Botas, xerente de Viratec, foi inaugurado por Sagrario Pérez Castellanos, directora xeneral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia; Juan Alfaro, secretario xeral do Club de Excelencia en Sostenibilidad; e Iván José Vicente, presidente de Viratec.

A continuación, un total de sete empresas presentaron as súas solucións ambientais: participaron Pablo Quesada, CTO e cofundador de Agforest; Miguel García Briceño, director da área norte de Loxamhune; José Ramón Vázquez, responsable de Innovación de Aqualia; Eva López, responsable de Formación de S2 Grupo; Pablo Guillán Rodríguez, director de desenvolvemento de negocio de Dooroti; Martín Nogueira, cofundador de Humara; e Noemí Rodríguez, CEO de Himikode. Estas últimas catro intervencións foron a cargo de novidosas startups que xeraron gran interese entre os 40 representantes de concellos que asistiron á xornada.

Seguidamente, catro entidades públicas expuxeron unha serie de boas prácticas que están a aplicar. Presentaron as iniciativas Miguel Ángel Vales Mallo, concelleiro de Servizos, Medio Ambiente, Praias e Protección Civil do Concello de Carballo; Jaime Pérez Fernández, técnico de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo; Rocío Montañés Fernández, directora da área de Benestar Ambiental e Servizos Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela; e Elena López Seco, concelleira de Axenda Urbana, Turismo, Deporte e Promoción Económica do Concello das Pontes.

A xornada foi clausurada por Ángeles Vázquez Mejuto, vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, que anunciou que o goberno galego destinará máis de 5,5 millóns de euros nos próximos anos a poñer en marcha tres servizos de asesoramento especializados dirixidos a entidades locais e a empresas interesadas en impulsar proxectos para mitigar os efectos do cambio climático e relacionados cunha xestión eficiente dos residuos.

COMPARTIR