O vindeiro 10 de outubro, ás 10 h., na sede de Anfaco-Cecopesca (Vigo), terá lugar unha nova sesión de Conversas de 10. Nesta ocasión, o encontro tratará sobre a valorización de subprodutos: do laboratorio á industria.
Para asistir ao evento é necesario inscribirse previamente (tanto na modalidade presencial como en liña): Apúntate aquí.
Programa
10:00 h.- Entrevista a Sandra Rellán, coordinadora de I+D+i de Anfaco-Cecopesca, da man de Patricia Silva, directora técnica de seguridade alimentaria en Isonor.
10:30 h.- Mesa redonda, moderada pola xerente de Viratec, Ana Botas
- Diego Méndez, investigador sénior de Anfaco-Cecopesca
- Miguel Carmody, RD Business Unit General Manager de Syspro Automation
- Leticia Regueiro, CIO | Head of Sustainability and Circular Economy de Medrar
- Anuska Mosquera, catedrática de Enxeñaría Química de CRETUS
11:15 h.- Café networking