Conversas de 10 ‘especial COP29’ e brinde de Nadal

Viratec celebra unha xornada de Conversas de 10 da man dos científicos Susana Bayo e Jorge Mira.

La comunidad científica lleva años advirtiendo de la aceleración del calentamiento global. Las DANAS visibilizan el problema. Este foco y los acuerdos de la Conferencia de las Naciones Unidas sobre el Cambio Climático (COP29) fueron tratados esta mañana, en Santiago de Compostela, en una jornada organizada por el Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec).

O encontro comezou cunha mesa redonda para tratar os efectos do quecemento global da man de Susana Bayo, doutora en Física da atmósfera e investigadora do INESC TEC- Porto (Oporto), e Jorge Mira, físico e catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e moderada por Pedro Tasende, CEO de Aporta Comunicación.

Ambos os científicos coincidiron en que a economía e a saúde son dous piares fundamentais para conseguir un cambio a nivel global. Bayo indicou que “cos acordos da COP29 déronse avances, non os que se pensaban. Aínda así, cada paso por pequeno que sexa, importa”. Mentres que Mira espera que a saúde permita concienciar para que se tomen medidas.

En canto ao panorama ambiental de Galicia, ambos os científicos coincidiron na polarización sobre as enerxías renovables e a posibilidade da comunidade autónoma de ser unha potencia eólica.

Susana Bayo destacou que “negar a evidencia científica é negar a realidade do día. Na súa opinión, “unha transición enerxética non é perfecta porque non existe. É urxente que haxa un cambio pero non se ve. Que facemos? Seguimos emitindo CO2. Actualmente todo é branco e negro, todo extremismo. Pero hai que atopar un equilibrio”

Pola súa banda, Jorge Mira, resaltou “a falta de ética á hora de poñer eólicos” condicionou a que a comunidade estea “a perder capacidade de descarbonización”. Ademais, considerou que “Galicia debe propoñer proxectos sostibles e beneficiosos socialmente e economicamente para os concellos”.

Este evento enmárcase no proxecto Conversas de 10 que busca promover o coñecemento e a difusión sobre a economía circular e as solucións ambientais , co fin de impulsar a transición da economía cara á sostibilidade, en e dende Galicia.

No marco deste encontro, Viratec aproveitou para festexar o seu brinde de Nadal e facer un balance da actividade do ano 2024 e marcar os seus obxectivos para 2025. A presidenta da agrupación industrial, Josefa de León destacou que “a industria galega segue avanzando na innovación sostible para mitigar o cambio climático”.

Ver xornada completa aquí.

COMPARTIR