AENOR, aliado para impulsar a I+D+i das empresas asociadas a VIRATEC 

director aenor galicia

AENOR é a entidade de referencia en España na avaliación da conformidade aplicada á Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación. Foi pioneira na certificación de Sistemas de Xestión da I+D+i, sendo a primeira entidade acreditada por ENAC e conta cunha ampla traxectoria na avaliación e certificación de proxectos innovadores, contribuíndo a que empresas e centros tecnolóxicos transformen as súas iniciativas de innovación en proxectos recoñecidos, trazables e xeradores de valor.

A súa experiencia abarca desde a certificación de sistemas de xestión da innovación segundo a norma ISO 56001 ata a avaliación técnica de proxectos de I+D+i para a obtención de deducións fiscais e outros mecanismos de apoio público á innovación. Grazas a iso, AENOR converteuse nun socio de confianza para organizacións que buscan reforzar a credibilidade dos seus proxectos, acceder a financiamento e maximizar o impacto dos seus investimentos en innovación.

Nesta entrevista conversamos con José Enrique Rodríguez Coello, Director de AENOR en Galicia, sobre como as empresas asociadas a VIRATEC poden aproveitar a experiencia de AENOR para impulsar os seus proxectos de I+D+i, mellorar a súa competitividade e obter o recoñecemento externo das súas actividades innovadoras

Por que pode ser AENOR un aliado relevante para as empresas asociadas a VIRATEC en materia de I+D+i?

A innovación converteuse nun factor decisivo para mellorar a competitividade, acceder a financiamento e xerar confianza no mercado. Neste contexto, AENOR achega unha combinación única de experiencia técnica, recoñecemento e independencia, axudando ás organizacións para estruturar, avaliar e poñer en valor as súas actividades de I+D+i. Traballamos xunto a empresas, clústers, centros tecnolóxicos e entidades innovadoras para transformar os seus esforzos en innovación en resultados tanxibles e recoñecidos por terceiros.

 

Que valor diferencial achega AENOR na avaliación de proxectos de I+D+i?

A avaliación independente de proxectos de I+D+i permite achegar seguridade e confianza ás organizacións e ás administracións que apoian estas iniciativas.

A nosa experiencia permítenos analizar tecnicamente os proxectos, verificar o seu carácter innovador e emitir informes e certificacións que facilitan a obtención de incentivos fiscais asociados á I+D+i. Ademais, contribuímos a reforzar a solidez e credibilidade dos proxectos ante clientes, socios, investidores e organismos financiadores.

Cales son as principais vantaxes que atopan as empresas ao traballar con AENOR?

A primeira vantaxe é a confianza. Unha avaliación ou certificación realizada por AENOR achega recoñecemento externo e credibilidade. A segunda é a mellora da xestión, xa que axudamos a sistematizar os procesos de innovación e a establecer metodoloxías que incrementan a eficacia e a rastrexabilidade dos proxectos. E a terceira é o acceso a oportunidades, facilitando o aproveitamento de incentivos fiscais e o recoñecemento dos esforzos innovadores realizados polas empresas.

Que servizos específicos poden resultar de maior interese para os socios e socias de VIRATEC?

Entre outros, destacaría a avaliación e certificación de proxectos de I+D+i, os informes para deducións fiscais, a certificación de Sistemas de Xestión da I+D+i segundo ISO 56001 e os servizos relacionados con sostibilidade, dixitalización e intelixencia artificial que complementan e potencian o impacto dos proxectos innovadores.

Que mensaxe trasladaríades ás empresas asociadas a VIRATEC?

Galicia conta cun ecosistema innovador de enorme potencial. Desde AENOR queremos axudar a que as empresas poidan converter as súas ideas e desenvolvementos en vantaxes competitivas sostibles, achegando confianza, recoñecemento e ferramentas que faciliten o crecemento e a transferencia de valor ao mercado. Estamos ao dispor de todos os socios e socias de VIRATEC para acompañalos nese camiño.

 

Nun contexto no que as empresas están sometidas a un crecente escrutinio sobre os seus compromisos ambientais, como pode axudar AENOR a combater o greenwashing?

A confianza converteuse nun activo estratéxico para calquera organización. Hoxe xa non basta con comunicar compromisos ambientais ou sociais; é necesario demostrar, con evidencias obxectivas e independentes, que eses compromisos tradúcense en resultados reais. Precisamente aí radica o valor diferencial de AENOR como marca de confianza.

AENOR pon ao dispor das empresas un amplo conxunto de solucións de avaliación de conformidade que permiten verificar de forma independente os seus avances en sostibilidade, economía circular, descarbonización, eficiencia enerxética, xestión ambiental ou cálculo e redución da pegada de carbono. Estas avaliacións axudan a achegar rigor, transparencia e credibilidade ás declaracións ambientais das organizacións, minimizando o risco de incorrer en prácticas de greenwashing.

Ademais, no ámbito dos proxectos de innovación e dos investimentos vinculados a fondos europeos, AENOR pode realizar verificacións do cumprimento do principio DNSH (Do Non Significant Harm), achegando unha avaliación independente que acredita que as actuacións desenvolvidas non causan un prexuízo significativo aos obxectivos medioambientais establecidos pola Unión Europea. Esta verificación proporciona unha maior seguridade a empresas, organismos financiadores e demais grupos de interese, reforzando a transparencia e a credibilidade dos proxectos. Esta capacidade resulta especialmente valiosa para moitas das iniciativas de innovación, sostibilidade e economía circular impulsadas polas empresas asociadas a VIRATEC.

Que solucións poden resultar especialmente interesantes para as empresas asociadas a VIRATEC?

As empresas de VIRATEC están a liderar a transición cara a modelos máis sostibles e innovadores, polo que poden beneficiarse de solucións como:

  • Avaliación e certificación de proxectos de I+D+i.
  • Certificación de Sistemas de Xestión da I+D+i segundo ISO 56001.
  • Informes para a aplicación de incentivos fiscais por actividades de I+D+i.
  • Verificación do cumprimento do principio DNSH.
  • Certificación de pegada de carbono e estratexias de descarbonización.
  • Solucións de economía circular.
  • Verificación de información ESG e memorias de sostibilidade.
  • Certificacións ambientais e de xestión sostible.
  • Avaliacións relacionadas con dixitalización, intelixencia artificial e sostibilidade.

Que expectativas tedes para o desenvolvemento empresarial en Galicia, España, Europa… e cal esperades que sexa o voso papel nel?

A existencia de agrupacións empresariais como Viratec demostran un interese por parte das entidades por incorporar procesos eficientes, que melloren a súa resiliencia e reduzan o seu impacto ambiental.

Neste proceso, AENOR aposta pola I+D+i como motor de cambio, e incorpora á súa oferta de servizos ferramentas para facilitar ás empresas a adopción de boas prácticas certificadas.

En canto á nosa misión, aspiramos a seguir contribuíndo ao desenvolvemento sostible dos territorios, perfeccionando as medidas para garantir a responsabilidade social e insistindo na necesidade de construír un ecosistema empresarial comprometido coa economía circular.

Agora e no futuro, seremos axentes activos na transformación da sociedade, creando confianza entre organizacións e persoas.

Como parte do ecosistema Viratec, mostrámonos dispostos ante todas as entidades asociadas para sumar esforzos e acelerar a transición cara a unha economía verdadeiramente circular

As portas de AENOR están abertas ao conxunto de entidades asociadas ao clúster, pois somos aliadas neste proceso de transformación cara a modelos de traballo limpos, responsables e que demostren impacto positivo sobre o territorio e a súa xente.

Desde AENOR quedamos ao dispor de todos os socios e socias para manter reunións individuais e analizar posibles vías de colaboración adaptadas ás súas necesidades específicas.  Será un pracer poder acompañalos nos seus proxectos presentes e futuros.

COMPARTIR