Viratec presentará a Business Factory (BF) ClimaTech, a primeira aceleradora de empresas do ámbito ambiental e a economía circular de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, o vindeiro 10 de setembro, ás 11:00 h., no Edificio Fontán da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
A BF ClimaTech é un programa que serve para minimizar o período de desenvolvemento e maximizar as probabilidades de éxito de proxectos de emprendemento innovador que ofrezan novas propostas no sector ambiental e sectores conexos.
O prazo para inscribirse na primeira edición pechará o próximo 30 de setembro de 2024. Na páxina web bfclimatech.gal están publicadas as bases e as indicacións para a presentación de candidaturas.
Gustaríache asistir ao acto de presentación? Inscríbete aquí
10:45 h. Recepción asistentes.
11:00 h. Benvida institucional.
– Josefa de León, presidenta de Viratec.
11:05 h. Mesa redonda de entidades promotoras da BF ClimaTech.
11:25 h. Mesa redonda sobre retos do sector ambiental
– Empresas tractoras
11:45 h. Presentación da I edición da BF ClimaTech
– Ana Botas, xerente de Viratec
11:55 h. Peche institucional
– María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria
12:00 h. Café-networking
12:30 h. Conversas de 10: Emprendemento ambiental
– Entrevistada: Carmen Pumariño, presidenta de Startup Galicia.
– Mesa redonda sobre esta temática
13:30 h. Peche da xornada