Este próximo mes de marzo comezan os talleres de dixitalización que Viratec organiza co apoio do IGAPE para as entidades socias do Clúster, co obxectivo de facilitar o camiño cara á industria 4.0 no sector ambiental:
Obradoiro 1: Valorización do dato e trazabilidade dos residuos
Esta actividade abordará cuestións como:
- Valorización do dato. Revisaremos as posibilidades de captación, análise, xestión e seguridade dos distintos datos xerados nas empresas participantes. Presentaranse solucións dixitais adaptadas a cada fase.
- Dixitalización dos procesos de certificación. Identificación de certificacións acreditacións de terceiros. Presentaranse solucións dixitais relacionadas coa certificación.
Consulta o programa aquí e inscríbeche nesta ligazón.
Obradoiro 2: Industria 4.zero: tecnoloxía ao servizo do medio ambiente
Nestes obradoiros abordaremos os retos da industria 4.0 nas empresas ambientais, cunha metodoloxía práctica, relatores especializados e titorías individualizadas en liña. As sesións celebraranse cada 15 días ao longo de marzo, abril e maio, en grupos reducidos. A localización determinarase en función dos participantes.
Cinco sesións:
- Sesión 0: Introdución aos obradoiros.
- Sesión 1: Dixitalización orientada á xestión en investigación e innovación.
- Sesión 2: Dixitalización da xestión de procesos internos en auga, residuos, e solos.
- Sesión 3: Dixitalización avanzada no sector ambiental.
- Sesión Think Tank: Presentación de resultados, experiencias e retos para o futuro.
Consulta o programa aquí e inscríbeche nesta ligazón.