O Green Coworking de As Pontes acogió esta mañana la jornada ‘Emprendendo en Circular’, organizada por el Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), en colaboración con la Asociación de Empresarios SEARA, con el fin de promover la economía circular y la sostenibilidad en Galicia.
O acto de apertura da xornada contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quen sinalou a importancia da economía circular para reducir o déficit de materias primas na Unión Europea.
Pola súa parte, José Castro, presidente da Asociación de Empresarios SEARA, afirmou que “o camiño a seguir en materia medioambiental pasa pola redución das emisións de CO2 e pola sostibilidade nas nosas cadeas de produción”.
Ramón Blanco, membro da Xunta Directiva de Viratec, destacou, durante a súa intervención, o impacto das “oportunidades e desafíos que supoñen os obxectivos marcados pola Unión Europea en canto á descarbonización e transición enerxética, tanto para o municipio das Pontes como para Viratec”.
Ao longo da xornada realizáronse tres mesas redondas centradas nos retos e oportunidades que presentan a descarbonización e a circularidade nos sectores dos residuos e das augas, da man de representantes de empresas de recoñecido prestixio.
O primeiro destes encontros, contou coa participación de Pablo García-Bodaño, CEO de Wim Studio e Material Innovation Hub; Rubén Cereijo, director de Enxeñería en Intacta Gestión Ambiental; e María Luz Jorge, coordinadora Proxecto Téxtil Cáritas. Baixo os diferentes puntos de vistas, xa que cada un deles pertence a un elo da cadea de valor do ciclo, coincidían na importancia da trazabilidade dos produtos e da cooperación entre empresas para levar a cabo proxectos sostibles.
Os retos aos que se afronta o ámbito da auga foron tratados na segunda mesa desta xornada. Óscar Rodríguez, conselleiro delegado de Espina & Delfín; Luis Felipe, director técnico de Ecolagunas; e Emilio José Álvarez, director técnico en Grupo Canalis, expuxeron diferentes proxectos desenvolvidos nas súas organizacións para dar resposta aos desafíos que presenta este ámbito, como por exemplo, lograr a eficacia e eficiencia do ciclo integral da auga.
No último encontro analizáronse algunhas das tecnoloxías emerxentes para a descarbonización do sector. Nela participaron: Máximo Sánchez, CEO de AirCO2; José Antonio Menéndez, responsable de Relacións Institucionais de Endesa; e Lucía Camino Vázquez, directora executiva de CETIM.
A conclusión destas tres mesas foi da man do seu moderador e CEO de Permae, Rodrigo López, quen resaltou a importancia da colaboración entre entidades: “Só a través dunha acción conxunta poderemos abordar os grandes retos ambientais e avanzar cara a un modelo económico que priorice a reutilización, a reciclaxe e a redución de residuos”.
Do peche da xornada encargáronse a xerente de Viratec, Ana Botas, e a directora da Asociación de Empresarios SEARA, Carolina García. Ambas trasladaron a importancia deste encontro para poñer en valor o compromiso das empresas e organizacións coa responsabilidade social e ambiental. Ademais, coincidiron na importancia de estreitar relacións laborais entre ambas entidades.