A estratexia VIRATEC alíñase co Plan Estratéxico Horizonte Europa 2021-2024

Compartimos o primeiro Plan Estratéxico Horizonte Europa 2021-2024, no que a Comisión Europea establece as prioridades de investigación e innovación para un futuro sostible. Un Plan totalmente en liña coa estratexia de VIRATEC.

As catro directrices estratéxicas marcadas por Europa para os investimentos en investigación e innovación nos próximos catro anos son:

  • Promover unha autonomía estratéxica aberta liderando o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais, habilitantes e emerxentes, sectores e cadeas de valor que se consideran clave.
  • Restaurar os ecosistemas e a biodiversidade de Europa e xestionar os recursos naturais de xeito sostible.
  • Facer de Europa a primeira economía circular sostible e neutral en termos climáticos baseada na tecnoloxía dixital.
  • Crear unha sociedade europea máis resistente, inclusiva e democrática.

 

Accede ao contido completo.

COMPARTIR