25 anos de Enxeñaría Química en Galicia. A historia dun éxito.

Aínda que a enxeñaría química está presente en Galicia dende 1950,a súa plena incorporación á nosa sociedade industrial, educativa e académica produciuse con forza cando, hai 30 anos, se puxo en marcha o grao de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Nace a pesar de todas as resistencias exercidas por outras titulacións máis ou menos afíns, incorporándose así a unha comunidade internacional onde a Enxeñería Química leva establecida máis de 125 anos.

E nace con moita forza. Fomos capaces de atraer ós mellores estudantes, excepcionais, que podían intuír nesta oferta unha oportunidade para encetar unha carreira profesional brillante. 58 estudantes que nun acto celebrado o 12 de xullo celebraron as súas “vodas de prata” analizando o pasado, lembrando anécdotas, gabándose de inesquecibles lembranzas, pero cunha mirada optimista de futuro, convencidos de estar “pisando forte”.

Porque, afortunadamente, a sociedade soubo recoñecer neles a excepcionais profesionais que hoxe lideran proxectos de todo tipo en compañía e en centros educativos e de investigación galegos, españois e internacionais,

Eles foron, eles son os que prestixiaron a titulación, a profesión de enxeñeiras e enxeñeiros químicos que orgullosamente practican e defenden.

Para nós, os seus profesores, que tanta ilusión puxemos neste proxecto non pode haber maior satisfacción.

Juan M. Lema Rodicio

Catedrático emérito de Enxeñería Química

Universidade de Santiago de Compostela

Primeira promoción da carreira de Enxeñería Química da USC, no acto do 12 de xullo de 2024.

COMPARTIR